Friday 03 de May de 2024

O Concello e Naturgy asinan un convenio para soterrar as liñas de media tensión doCastro de Elviña


A alcaldesa, Inés Rey, asinou hoxe un convenio coa compañía eléctrica que se compromete ao mantemento das novas instalacións

A alcaldesa, Inés Rey, e Juan José Coiradas, representante de UFD Distribución Electricidad SL asinaron hoxe un convenio que permitirá o soterramento das liñas de media tensión existentes na contorna do núcleo do Castro de Elviña. A eliminación desta liñas supón unha mellora substancial no contorno do Castro, tal e como sinalou o edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, tamén presente na sinatura.
O Concello cede as canalizacións para enterrar as liñas e os traballos correrán a cargo da empresa que tamén se compromete ao mantemento das instalacións e á subministración de enerxía na zona. O acordo xa foi ratificado pola Xunta de Goberno Local o 6 de novembro.